Carballo
Carballo só, sen compaña,
que erguido estás,
erguido que non baixo,
baixo tiñas que estar.

Carballiño ferido,
ferido polos galegos,
carballiño rendido,
que te leva o vento.
Carballiño solitario,
abandonado por todos.
Carballiño esquecido,
ven e senta no meu colo.
Non chores carballo,
carballo deixa de chorar,
que a ledicia que che roubaron,
máis tarde Deus cha dará.
Non te rendas carballo,
carballo tes que loitar,
loita carballo, loita,
só así poderás gañar.
A fin que eu busco
xa está esquecida (perdida)
a guerra que comecei
douna por perdida.
A vida que me deches
acaban de quitarma (douna por terminada, acabo de perdela),
agora, miña nai
só me queda voltar á nada.
¡Quén coma vos pinos!
nada máis chegar o alba
estivese cos compañeiros
tivese tanta compaña.
Quen coma vos pinos
cando votase a chorar
viñeran correndo todos
viñeranme consoar.
Xa nunca me enganaches
pino falso e traizoeiro.
Dende o primeiro instante
quixeches quitarme os eidos.
Se estivese rodeado,
rodeado de carballos,
qué contento quedaría eu
¡cánto habería de amalos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario